martes, 27 de enero de 2015

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA 2015

 


Xa temos publicada a convocatoria para as probas deste ano. Cada ano hai dúas convocatorias de exame, se non aprobas na primeira podes intentalo unha vez máis. En cada convocatoria hai un período de matrícula polo que se che pasou a primeira terás unha nova oportunidade, son:

Convocatoria de maio: 16 de marzo ao 27 de marzo de 2015, ambos os dous incluídos.
Convocatoria de setembro: 1 ao 10 de xullo de 2015, ambos os dous incluídos.

É necesario ter cumpridos os 18 anos antes do día do exame. Consulta na ligazón os lugares de matrícula, este ano, segundo o teu apelido terás que acudir a un centro ou a outro.

Tes dúbidas sobre esta proba? Pide cita en Orientación e as facemos desaparecer, ok?

http://www.edu.xunta.es/web/node/11671

No hay comentarios:

Publicar un comentario